

COMUNICADOS
​​​​
​
27.02.2025_ COMUNICADO DA PAM COMO MANIFESTO DO DESACORDO DAS CONDICIÓNS DAS "RESIDENCIAS ARTÍSTICAS, DE CREACIÓN, INVESTIGACIÓN E TÉCNICAS EN RECINTOS CULTURAIS MUNICIPAIS 2025" PUBLICADA POLO IMCE - INSTITUTO MUNICIPAL CORUÑA ESPECTÁCULOS DO CONCELLO DA CORUÑA: Dende a Asociación de Profesionais das Artes do Movemento - PAM, se ben celebramos a apertura de programas de residencias artísticas municipais e de vías para que as profesionais da creación accedan ao uso dos espazos públicos, queremos manifestar ao Concello da Coruña o desacordo coas condicións que esta convocatoria propón, por considerar que se limitan a unha “cesión de espazo” resultando insuficientes no que ha de ser entendido como “residencia artística”, e propoñemos sexan revisadas en próximas edicións. >> Le o comunicado completo.
​
29.04.2023_ COMUNICADO DA PAM DE DESVINCULACIÓN COMO PARTE DO PLAN INTEGRAL DA DANZA (PID) PROMOVIDO POLA AGADIC: Dende a Plataforma Artes do Movemento (PAM) queremos comunicar a nosa desvinculación do PID Plan Integral para a Danza de Galicia publicado o pasado 31 de marzo de 2023 pola AGADIC, por considerar que non cumpre unhas condicións mínimas para o verdadeiro apoio e impulso da danza en Galicia, e comina á administración a tomar medidas reais e efectivas, reclamando condicións mínimas para a execución dun plan estratéxico, en termos de dotación orzamentaria e de recursos humanos e materiais. >> Le o comunicado completo.
​
24.11.2022_ COMUNICADO DA PAM DE DESVINCULACIÓN AO AVANCE DO PID PRESENTADO POLA AGADIC E DE DENUNCIA ANTE A REDUCIÓN ORZAMENTARIA DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO PARA O ANO 2023: Dende a Plataforma Artes do Movemento (PAM) queremos comunicar a nosa desvinculación ao avance do PID anunciado pola Agadic para a súa prsentación no Culturgal o 25 de novembro, sen contar con validación previa dos contidos nin convidar a outras axentes ao deseño de dito evento de presentación; e denunciar o recorte proxectado nos Orzamentos autonómicos para o ano 2023, que determinan uns investimentos reais de 100.000,00 €, reducindo con respecto aos investimentos reais nos orzamentos 2022 que foran de 120.000,00 € e nos orzamentos 2021 que foran de 150.000,00 €, cifras xa de por si extremadamente baixas. >> Le o comunicado completo.
​
09.01.2022_ COMUNICADO DA PAM DE DENUNCIA ANTE A REDUCIÓN ORZAMENTARIA DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO NO ANO 2022: Dende a Plataforma Artes do Movemento (PAM) queremos denunciar a redución probada nos Orzamentos autonómicos para o ano 2022, que determinan uns investimentos reais de 120.000,00 € para “Actuacións e programacións culturais” do Centro Coreográfico Galego, un 20% menos con respecto aos investimentos reais nos orzamentos 2021 que foran de 150.000,00 €, cifra xa de por si extremadamente baixa. >> Le o comunicado completo.
​
21.04.2021_ COMUNICADO DA PAM DE REXEITAMENTO Á APROBACIÓN DO DECRETO POLO QUE SE MODIFICA O ESTATUTO DA (AGADIC): Dende a PAM (Plataforma Artes do Movemento) queremos facer pública a nosa total disconformidade coa aprobación do Decreto 53/2021, do 18 de marzo, polo que se modifica o Estatuto da Axencia Galega das Industriais Culturais, publicado no DOG o 7 de abril de 2021, e que fai efectiva a fusión dos departamentos de Música e Danza nun novo departamento único que terá entre as súas competencias a dirección do Centro Coreográfico Galego. >> Le o comunicado completo.
​​
15.04.2021_ PROPOSTA DE ACCIÓN EXTRAORDINARIA PARA A XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS Á CREACIÓN ESCÉNICA E AS COPRODUCIÓNS DO CCG, DIRIXIDA Á AGADIC: Dende a PAM solicitamos á AGADIC medidas extraordinarias para a xustificación das subvencións e coproducións ante a dificultade dos proxectos de danza de cumprir cos requisitos de distribución (número de funcións e prazos para realizalas), e considerando o contexto de extrema dificultade para a circulación da danza entre os espazos escénicos galegos >> Accede ao documento completo.
​​
13.04.2021_ COMUNICADO SOBRE A DECISIÓN DO CONSISTORIO OURENSÁN DE MANTER PECHADO O AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE: Un total de 13 entidades dos sectores das artes escénicas e da música manifestan o seu rexeitamento á externalización do Auditorio Municipal de Ourense. >> Le o comunicado completo.
​​
12.03.2021_ COMUNICADO SOBRE A DECISIÓN DO CONSISTORIO OURENSÁN DE MANTER PECHADO O AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE: Dende Plataforma de artes do movemento PAM queremos amosar o noso total rexeitamento á decisión do Concello de Ourense de manter pechado o Auditorio Municipal da cidade dende comezos de ano, impedindo a programación de actividades culturais a través deste comunicado, que promovemos conxuntamente co resto de entidades sectoriais. >> Le o comunicado completo.
​​
2019, 2020 (histórico)_ COMUNICADOS DA PLATAFORMA DE AFECTADAS POLO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO (PACCG) >> Acceso aos comunicados na web da PACCG