



SOBRE NÓS
A PAM é unha asociación de profesionais do sector da danza e das artes do movemento creada dende sentires, afectos e desexos comúns de acompañar e reinvidicar a dignidade do tecido profesional da danza en Galicia.
Somos unha rede ampla e diversa de profesionais independentes, compañías, asociacións, espazos de creación, festivais, docentes, xestoras culturais e coreógrafas.
Traballamos de xeito coordinado e democrático para garantir a interlocución e presenza do sector no seu contexto e horizonte político-social-cultural galego.
Dende a nosa visión plural apostamos pola potencialidade do encontro e interconexión frente aos desafíos estruturais aos que nos enfrontamos actualmente.
A PAM é froito dun proceso de movilización e acción colectiva que ten orixe en 2019 coa PACCG (Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego), creada para denunciar a parálise, opacidade e desmantelamento no que se atopaba o CCG na última década.
Este aglutinamento de profesionais impulsa a creación dun colectivo sectorial e espazo de reflexión máis alá das reivindicacións orixinais, conformándose como Plataforma de Artes do Movemento.
Este proceso culmina no 2023 coa creación e constitución da Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galiza.
ORIXE
