top of page

CIRCULA!

ABERTA A CONVOCATORIA DA NOVENA EDICIÓN DE CIRCULA! TREN DE CREACIÓN E FORMACIÓN EN DANZA

HOXE 7 DE FEBREIRO ABRIMOS A IX EDICIÓN DA CONVOCATORIA DO PROXECTO CIRCULA!

CIRCULA! Tren de creación e formación en Danza, é unha iniciativa impulsada por diferentes asociacións de profesionais da Danza do Estado español que ten o obxectivo de facilitar a mobilidade das súas profesionais dende 2015.

 

Integran este proxecto a Associació de Professionals de la Dansa de Catalunya (APdC), a Asociación de Profesionales de la Danza en la Comunidad de Madrid (APDCM), a Associació de Professionals de la Dansa de la Comunitat Va­lenciana (APDCV), a Asociación de Profesionales de la Danza del País Vasco (ADDE), a Asociación Andaluza de Profesionales de la Danza (PAD), a Asociación de Profesionales y Usuarios de las Artes del Movimiento de Murcia (Unión Danza Visible), a Associació de Professionals de la Dansa de les Illes Balears (APDIB) e a Plataforma artes do movemento de Galicia (PAM).

Para esta edición de 2023, a convocatoria de CIRCULA! introduce unha modificación substancial das súas bases, contido, enfoque e obxectivos do programa, abrindo dúas modalidades ao proxecto.

¿QUE É CIRCULA! 2023?


Un proxecto estatal que ten por obxectivo fomentar a investigación, a creación e a visibilidade de procesos creativos e de espectáculos nos que o movemento e o corpo son o eixe central, e facilitar a mobilidade das nosas profesionais asociadas – nas comunidades de Cataluña, Madrid, Valencia, País Vasco, Andalucía, Murcia, Illas Baleares e Galicia – creando redes e complicidades entre as comunidades.


O obxectivo de CIRCULA! 2023 é apoiar a artistas e colectivos artísticos de todo o Estado favorecendo a investigación e a creación das linguaxes escénicas contemporáneas e o intercambio coa comunidade e o contexto do territorio, tanto social como artístico, potenciando o encontro e a experiencia en función da necesidade e natureza do proxecto seleccionado.

Establécense dúas modalidades:

Modalidade A: Residencias de investigación ou de creación.

Modalidade B:  Exhibición.

PRAZO PARA ENVIAR CANDIDATURAS: domingo 5 de marzo, ás 23.59h.

+ información sobre CIRCULA! na  súa páxina web

OutlookEmoji-16462981565518075ccd2-5ff6-4833-9202-44187fb55378.png
logo_casavella2.png
logo_circula.png
Danza-T_Logo_Coming-soon.png
WhatsApp Image 2023-02-07 at 21.08.32.jpeg
bottom of page