top of page

OBXECTIVOS

  • Negro Facebook Icono
  • Negro del icono de Instagram
  • Presentarnos como interlocutor no ámbito da danza e as artes do movemento en Galicia (que vén a sumar ao demais traballo asociativo, ou de colectivos ou de  profesionais individuais que sabemos traballan no mesmo ámbito). 

  • Coñecer as políticas, programas e accións relativas á danza e ás artes do movemento promovidas pola institución, tanto no plano xeral como na atención específica da situación excepcional provocada pola crise sanitaria. Solicitar documentación ao respecto. 

  • Poñer o noso coñecemento, experiencia e capacidade de traballo ao servizo da institución e dos equipos responsables e técnicos de tales programas, para: 1) participar activamente na mellora das liñas existentes; 2) para detectar eivas; 3) para achegar novas propostas.   

  • En especial, neste momento da Covid19, facer traslado da información da que dispoñemos: estimación de perdas económicas, situación das profesionais da danza e dos proxectos de promoción da danza, e preocupacións comúns a todas nós das que nos gustaría que se encargasen de atender. 

  • Facernos eco da causa do CCG e pedir apoios das diversas administracións para facer unha fronte común perante a AGADIC como entidade responsable da mesma. 

  • Poñer de manifesto o valor da comunidade creadora (en toda Galicia, e no ámbito territorial concreto da administración coa que nos reunamos). Animarlles a que realicen o traballo de escoita cara o seu ámbito competencial/xeográfico, e poñernos ao dispor para axudar neste sentido. 

bottom of page